Reglamento Aviaman 2015

Publicado en: Aviaman | 0

“AVIAMAN 2015”

IV COPA DEPUTACION OURENSE TRIATLON

Organiza:
  • AXA AXENCIA GARRIGA – Beariz Triatlón
Email: carballinotriatlon(arroba)gmail.com
Persoa de contacto: Floro González González
Teléfono:676185528
  • Federación Galega de Triatlón
Patrocina:
  • Deputación de Ourense
Colaboran:
  • Concello de Leiro
  • Concello de Avión
  • Xacobeo
  • Protección Civil
  • Garda Civil
  • Coca Cola
  • Rosquillas Corral
  • MTC BICICLETAS
  • ARESTORA XESTION
  • A DESPENSA DO ALARICO
  • CAMISEERÍA CARVAJAL
Datas e horarios da carreira:
  • Domingo 14 de xuño de 2015
  • Saida prueba  09:00
  • Hora de finalización de la prueba: 14:30 horas
Distancias:
  • 1200m (natación) – 65km en bicicleta  (1 volta)– 14km de carreira a pe
Inscripcios:
  • Dende o 24 de setembro ata o 09 de xuño

100 PLAZAS

Prezos:
  • 60€
  • O deportista poderá obter o reintegro de parte da inscripción (50 euros) ata o 14 de maio (penalizarase con 10 euros)
Deportistas populares:
  • Estos prezos incrementaranse en 12€ concepto licenza dun día o que non pusua licenza federativa en vigor.
Data límite: o martes 09 de xuño do 2015
Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web
A inscrición realizarase  on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Inscricións.
Federados
Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes, no apartado inscricións á dereita da mesma. A inscrición formalizarase co envío do xustificante de pagamento a nome do club (no caso de deportistas que pertenzan a club) ou deportista si é  independente na conta doBanco Sabadell 0081 5223 16 0001338040 .
Licencias 1 día
 Unha vez que acceda á carreira , realizarase a introdución de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da carreira (inscricións de licenzas de 1 día)
Formalizarase enviando (Copia do DNI e Xustificante de pagamento ó seu nome ) ó fax 982251345 ou mail fegatri@hotmail.com  (Custe licenza de 1 día de 12 € + 60€ Inscrición )
Unha vez formalizada inscrición remitirase correo electrónico a carballinotriatlonarrobagmail.com. Co nome, apelidos e talla de camiseta.
Tempos de corte:
  • O deportista terá que ter rematada a proba as 14:30h, en caso contrario quedará eliminado
Saida, boxes e meta:
  • Saida en área recreativa Ponte Esperela (Leiro)
  • Meta: en área recreaiva ponte Esperela en Leiro
Recollida de dorsais:
  • En línea de saida de 19:30 h. a 21:30 h do día 13 de xuño.
  • O día da proba de 06:30 as 08:00 da mañá
Reunión técnica:
  • As 08:35 h do día da proba ó lado secretaría área recreativa Ponte Esperela (*por confirmar)
Control de material:
  • A partires das 07:30 ata 08:30h.
Categorías:
  • ABSOLUTA
  • VETERANOS
  • SUB 23
Os servicios médicos da organización destinados ó longo do percorrido, estarán autorizados a retirar a calquer participante por razons médicas. Calquera vehículo de emerxncia que precise utilizar o percorrido do ciclismo para circular poderá facelo indicando asu posición mediante señales luminosas e sonoras. En tódolos casos o veículo terá preferencia sobre os triatletas, quenes deberán ceder o  paso.
Premios:
  • Trofeos para los tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
  • Premios económicos :
    • 1º clasificados masculino e feminina       150,00 €
    • 2º clasificados masculino e feminina       100,00 €
    • 3º clasificados masculino e feminina         75,00 €
    • 1º Clube Clasificado (masc -fem)              100,00 €
  • Estos premios poderanse incrementar no caso de obter patrocinios adicionais
  • Todolos que finalicen recibirán camiseta FINISHER AVIAMAN 2015 e bolsa do corredor con productos típicos da terra.
CIRCUITOS:
Normas de competición
A carreira rexirase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Triatlón e pola normativa vixente da FETRI.
Norma anti-residuos
Todolos envases, bidos de ciclismo, botellas, latas, papeles….. deberán ser depositados nos avituallamientos habilitados. Colabora a deixar os circuitos igual que estaban antes do paso da carreira
Seguridade e asistencia médica
A seguridade na vía pública será responsabilidade do corpo da Garia Civil, Policía local de Avión e Protección Civil, en coordinación coa organización da proba; no obstante todo participante respetará as normas de  Circulación e  Seguridade Vial.
Veículos autorizados
Os veículos motorizados, bicicletas ou patinadores que non pertezcan a organización non podrán transitar polos circuitos da proba. Aqueles que realicen o seguimento das probas, levarán unha identificación visible en todo momento. O feito de recibir axuda externa distinta da que aporta a organización ou facerse acompañar por algún veículo, bicicleta, patinador ou corredor suporá a descalificación do participante.
Reclamacions e apelacions
Seguindo o reglamento da FETRI, calquer participante ou técnico dalgun dos clubes inscritos poderá realizar reclamacions sobre os resultados provisionais, sobre irregularidades da organización ou sobre sancions aplicadas por parte dos xuices e oficiais. As reclamacions deberán ser formuladas por escrito e entregadas o Xuiz Arbitro quen revisará en primeira instancia a decisión. De rectificala, entregaráse a apelación o Comité de Apelación para que sexa éste quen resolva o caso. No caso de que a apelación chegue o Comité de Apelación, o presidente do comité  reuniráse co resto dos membros e intentará escoitar a todalas partes implicadas e estudialas probas aportadas. Se o que realiza a apelación non puidiera estar presente, seus argumentos poden ser deixados por escrito. O incumplimento desta norma pode invalidala apelación. Habendo escoitado todalas posibles evidencias, o comité retiraráse a considerar seu veredicto, que será final e irrevocable. A decisión será comunicada primeiro verbalmente y despois por escrito. No suposto de que o Xuiz Arbitro ou o Comité de Apelación resolva a favor do recurrente, serálle devolto o importe da fianza depositada.
Civismo e respeto
Os participantes aceptan cada un dos artígos deste reglamento e comprometense honestamente a non anticiparse o momento da saida e a cubrir todolos tramos completos antes de cruzar a línea de meta. Asimesmo, manifestan ser respetuosos co persoal implicado na organización e co  resto de participantes. Comprométense tamen a tratalo material deportivo propio e alleo con respeto. No incumplimento dalgunha destas normas cívicas será proposto por parte da organización os xuices e oficiais para que sexa motivo de amonestación.
Incídese no respeto absoluto e a observancia das normas de circulación e de seguridade vial, o fin de evitar situacions perigosas que acarreen danos irreparables tanto para o deportista como para terceiros.

 

Dejar un comentario